Muller nun xardín
- INV:
- 1096
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 98 x 33 x 0
- Técnica:
- Mixta/cartón
Comentarios
Con gran sensibilidade artística auna estímulos do pasado rozando a fantasía do «grutesco» e enlazando co gusto medieval dos follaxes e os seres humanos combinados, conxugándoo todo coa elegancia dun personal discurso plástico.As dúas figuras, de medio corpo, espidas, entre plantas e froitas, una fronte á outra, destacan con toda a súa finura e carga expresionista do artista. As cabezas son as mesmas que sempre estiveron presentes nos seus cadros e que na composición se cargan de intenso contido poético. A luz, a factura e o espacio equilíbranse con fresca e espontánea inxenuidade nunha concepción idílica tinguida de resplandor místico.