Comentarios
Cinco mazás e un “cubo” tumbado, que adorna unha silueta humana, destacan sobre unha superficie vermella, contra un fondo dourado. Non é máis cá expresión dun sentimento poético cara ó cotián, cara ós obxectos do contorno familiar, presentes na maioría das súas obras. A delicadeza da técnica, a combinación das cores e o efecto máxico do cristal crean unha atmosfera trascendente nunha obra na que non habemos buscar máis cá beleza plástica.
Exposiciones
“Outeiro”, do 31 de outubro ó 13 de novembro de 1995 na “Nova Sala de Exposicións Caixavigo”.