Comentarios
Unha serie de elementos, seleccionados polo pintor, superpóñense nunha despensa dividida en cinco espacios cadrados: un testo cunha planta, un caldeiro, froitas e mais hortalizas. Son cousas, enraizadas na vida de tódolos días, que, así instaladas, nos invitan a reflexionarmos, cunha linguaxe artística na que se mestura o conceptual e mailo emotivo.
Exposiciones
"Outeiro", do 31 de outubro ó 13 de novembro de 1995, Nova Sala de Exposicións Caixavigo.