Comentarios
Os primeiros traballos coñecidos de Bores foron as xilografías que publicou nalgunhas das revistas do ultra: Horizonte, Tobogán, Alfar. Colaborou tamén na Revista de Occidente, Litoral, Cruz y Raya e Índice. Achegado ós poetas ultraístas e ós da xeración do 27, foi un integrante destacado da chamada Escola Española de París, cidade á que se trasladou a vivir despois da exposición de “Artistas ibéricos” en 1925. Esta xilografía representa un interior de café con xogadores e outros personaxes, un dos temas máis característicos de Bores, executado cun debuxo de grande intensidade, captando o espacio cun expresivo contraste de luces e sombras subliñadas polo distinto grosor das incisións na madeira.