QUATRE COLOURS APARIEN LE MON

- INV:
- 1115
- Año de creación:
- 1970
- Dimensiones:
- 89 x 62 x 0
- Técnica:
- Litografía
Comentarios
Comezou Miró a facer obra gráfica en 1928 e 29. É despois da Guerra Civil cando a litografía ten un lugar preferente na súa producción, dedicándose a ela coa mesma intensidade que se se tratara dunha pintura ou dun debuxo. A simplificación das formas, a forza da cor, a valoración do fondo do papel e os seus particulares signos e símbolos entrecrúzanse nun todo plástico e poético que nos remite ó seu particular universo. O negro e o azul nocturno enfróntanse ó vermello e ó marelo, xogando coa estrela, o punto, a lúa e os pelos, algúns dos seus signos característicos. A beleza da obra radica no seu ritmo gráfico e colorístico, no seu impacto visual, alleo ó intento de comprende-lo que representan as imaxes.