SIN TÍTULO

- INV:
- 1144
- Año de creación:
- 1991
- Dimensiones:
- 52 x 36 x 0
- Técnica:
- Serigrafía Prancha: 48 x 33 cm Soporte: 52 x 36 cm
Comentarios
A obra de Arroyo está ligada a unha figuración crítica derivada do pop cuns protagonistas que son toureiros, gánsters, políticos, boxeadores, exiliados. A través de cada unha das súas etapas hai un propósito de revisión de símbolos do noso tempo, parodias e perfís de personaxes famosos. A partir dos 80 perde entusiasmo político e concéntrase nas mitoloxías do noso folclore, nos estereotipos visuais do cine negro, a españolada, os interiores de art dèco, o orientalismo ou os contos infantís. Son composicións ríxidas, de debuxo sintético, cun predominio, nestas datas, da noite e o negro de intención crítica.