Sacando agua

- INV:
- 1186
- Año de creación:
- 1966
- Dimensiones:
- 56 x 76 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
É unha obra particularmente luminosa que mostra a predilección do artista por motivos amables, tomados da vida cotiá na aldea. Este tipo de obras son testemuños pictóricos da vida na sociedade rural, desprovistos de calquera carga de dramatismo. A sensibilidade de Antonio Fernández para poetizar as cousas sinxelas lévao a fixar sobre a tea escenas como esta da muller que acaba de sacar auga do pozo e a verte nun recipiente, diante da casa por onde peteiran as galiñas, coa horta ó fondo. É unha composición harmoniosa, estructurada co debuxo, que reflicte non a realidade que entra polos ollos senón a realidade íntima que sae da alma.Exposiciones
Exposición "Antonio Fernandez", no Centro Cultural da Guarda, do 1 ao 22 de agosto de 2009.