MARINA

- INV:
- 129
- Año de creación:
- 1892
- Dimensiones:
- 134 x 240 x 0
- Técnica:
- ÓLEO / TEA
Comentarios
O deseño, de horizonte baixo, fainos percibir a distancia ilimitada do espazo e dálle gran protagonismo ao ceo, cuberto por unha masa compacta de nubes. Con dominio do debuxo e da técnica, conxuga a transparencia do mar coas opacas densidades dos barcos. A gama cromática, partindo de ocres, castaños, azuis, grises e brancos, consegue un efecto monocromo que envolve a paisaxe en intensa paz.