La familia del guerrero

- INV:
- 136
- Año de creación:
- 1974
- Dimensiones:
- 76 x 61 x 0
- Técnica:
- Acrílico/tea
Comentarios
Coma nos manuscritos orientais, divide o fondo da composición en tres faixas horizontais, superpostas, sobre as que distribúe figuras e obxectos para facilita-la narración e acentua-la profundidade da escena. En primeiro termo aparece unha dama sentada cun neno no colo; sobre a súa cabeza no mar, un navegante; ó fondo, sobre o horizonte un faro atravesado por unha lufada de luz que suca o ceo. O deseño, as cores planas e a vestimenta das personaxes imprimen un aire decorativo no conxunto xustapoñendo cores, clarescuro, opaco, transparente, dentro dunha gamma de verdes e azuis que xogan co branco, rosa e marrón.Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX." do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
" Mario Granell". Casa da Parra. Santiago de Compostela. Do 28 de xaneiro ao 10 de marzo de 1997.