RETIRANTES NORDESTINOS

- INV:
- 1375
- Año de creación:
- 1986
- Dimensiones:
- 115 x 145 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A obra é un claro exemplo das propostas que o autor presenta a mediados dos anos oitenta, onde presenta unha poética inxenuísta, cunha grande influencia da plástica latinoamericana.Nunha paisaxe desolada dormen, nun primeiro termo, tres mulleres e un home mentres que, no fondo, vixiados por un burro esgotado e somnolento, dous homes descansan sentados. Dominando a paisaxe, o sol, que alumea con extraordinaria intensidade, transmite unha grande impresión de sufoco e cansazo.
A tea é alegre e colorista, recordando a estética e o sabor do popularismo brasileiro. A necesidade de plasmar a natureza árida e desértica provoca que a vexetación se petrifique, se interprete a través de formas redondeadas e simples, deseñadas mediante unha pincelada miúda, coidada, case caligráfica, que consegue reproducir con minuciosidade os máis pequenos detalles. As cores seleccionadas son fortes e cálidas, captando a riqueza cromática do espacio natural, a temperatura, a calor e, incluso, os distintivos culturais coma as teas, que sitúan á escena nun contexto determinado.
O mesmo cá maioría das súas creacións, a obra centra a súa atención sobre a paisaxe, dirixe unha mirada á natureza, onde, en palabras do propio artista, se mesturan os seus sentimentos entre o “Trópico e Galicia, entre as néboas e o sol”.