II

- INV:
- 1512
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 81 x 100 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
As creacións de Menca Estévez son producto da reflexión, dun exercicio lento que revela, en palabras de Miguel Fernández Cid, “a busca dunha orde secreta” na súa pintura.A obra matérica, de textura case táctil, suxire a representación dunhas formas vagamente xeométricas, de tres círculos plasmados mediante poderosos brochazos que parecen describir grafías dunha estraña linguaxe, da que debe atoparse a clave.
Os tons empregados limítanse ós terras, ocres, sienas, que falan dunha pintura que procura o esencial, o primitivo, o paralelismo entre natureza viva e arte, por iso a verdadeira protagonista é a materia, rugosa, tinguida de cor e sucada de incisións e feridas das que parte a autora para impoñer ritmos enlazados, formas labirínticas que recrean o seu mundo complexo, que merece unha mirada máis detida do espectador.