Comentarios
A obra forma parte dun proxecto que se deu a coñecer en 1987, na exposición
"Antropoloxía e memoria" na Fundación Gulbekian de Lisboa, inspirado no mito de
Sísifo de Camus, en Magritte e en Giacometti. A figuriña dun home, de costas ó
fotógrafo, mirando a El Mar Egeo que encalou na Coruña en 1992, xunto á Torre de
Hércules, son as referencias da imaxe que vemos. A primeira reacción é estética,
a beleza da composición, as súas cualidades abstractas, o dominio do medio, todo
nos seduce xa á vez que nos crea unha tensión que provoca pensamentos e
reflexións que asociamos co simbolismo do " Hombre que camina " de Giacometti e
o planeamento do estado de clarividencia que pode xurdir da dor ou da angustia,
que fai Camus no mito de Sísifo.
EXPOSICIÓNS:
"Galicia y Tradición", Sargadelos 1993.
BIBLIOGRAFÍA:
"O mundo invisíbel ", X. L. Suárez Canal, CEF Vigo, 1993, colección Álbum, coa obra reproducida.