Comentarios
El cóllea do brazo e ela, cos pés descalzos, ten unha flor en cada man; ambos os dous, de fronte, levan cadanseu sombreiro na cabeza. Cun trazo sinuoso recorta o fragmento dunha habitación onde se coloca a parella para o retrato, arquetípico, concibido coa singular linguaxe do artista que aborda escenas da vida cotiá dunha maneira sinxela, comprensible para todos.