Comentarios
Nun ambiente de claroscuro albiscamos os tellados das casas sobre o mar que se estende ata o horizonte, onde se levantan as Illas Cíes. No primeiro termo destaca, como algo irreal, unha planta. As cores nocturnas, os lampos de luz e ese non cubrir por enteiro a superficie da tea reforzan o lirismo da composición á vez que lle dan un toque de fantasía.