LIMPIANDO LOS BRONCES DE LA IGLESIA

- INV:
- 2198
- Año de creación:
- 1883
- Dimensiones:
- 56 x 39 x 0
- Técnica:
- ÓLEO / TEA
Comentarios
A obra insírese no marco do realismo do século XIX, con interese pola anécdota social. O ancián sancristán de pelo branco está sentado entre obxectos de bronce, limpando un que ten entre as mans que, igual que os demais, resalta no cadro con reflexos dourados. O verismo do conxunto procede dun debuxo realista e dunha técnica que parece resucitar os mestres do XVII. A composición, concibida baixo un ángulo fotográfico, sorprende polo dinamismo de instantánea na captación da actitude, na que se percibe certo sentido de ausencia.