Bodegón sobre la ría

- INV:
- 2259
- Año de creación:
- 1988
- Dimensiones:
- 97 x 108 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea sobre táboa
Comentarios
Cun atrevido encadramento enfróntanos directamente á mesa que se apoia na baranda do balcón que dá á ría, integrando de maneira amable os elementos do bodegón coa paisaxe dun dos lugares preferidos do pintor, a onde lle gustaba acudir cando se atopaba só. O peixe, o limón, a taza xunto á botella de viño branco e un froiteiro sobre o mar fálannos do valor das cousas sinxelas, cunha pintura sintética que resplandece nas paredes das casas de Combarro e se converte nun estalido de luz ó xuntarse co branco do mantel e da louza que está encol da mesa.
Bibliografía
A. Bonet Correa e M. Cuña Novás ARafael Alonso, catálogo de la Antológica da Casa de Galicia, en febrero de 1993, con la obra reproducida.
Exposiciones
Antolóxica no Kiosko Alfonso, A Coruña 1988. Antolóxica na Casa de Galicia en Madrid en 1993 e, neste mesmo ano, en Pontevedra no Teatro Principal.