Comentarios
O valor simbólico da mazá unida ó nome de Adán acentúase ó incorporala ó centro da táboa sobre un fondo cruzado por trazos automáticos dunha grafía flexible, dinámica, coma a dos primeiros ensaios de escritura. Hai moito de xogo e conceptualización na linguaxe que utiliza Corvera, que trascende a mera representación da pintura, para interesarse por ela como instrumento intelectual, no camiño aberto por Duchamp.
Bibliografía
Manuel Forcadela "Corvera" presentación do catálogo da exposición de Vigo do 93.
Exposiciones
"Historias do Paraíso" do 12 de maio ó 3 de abril. Lepina, Vigo 1993.