Comentarios
Na primeira escena os personaxes da comedia preséntanse realzados sobre podios, nun escenario adornado cun frixo de flores mesturadas con cabezas xunto á cuncha do apuntador. Os rostros dos actores desdóbranse en múltiples expresións a través de máscaras e cabezas que xorden entre as súas mans, ou que brotan das rugosidades da roupa, adiantando que se trata dunha trama axitada de episodios que debemos intuír, a través de imaxes surrealistas que teñen como base a técnica da colaxe e traslocen a pegada do expresionismo de Goya.
Bibliografía
Obra reproducida no catálogo da exposición da casa da Parra.pax36
Exposiciones
"Manuel Ayaso" Casa da Parra, abril-maio 1997, Santiago de Compostela.