Comentarios
A través do teatro libérase a capacidade creativa do artista introducíndonos nun mundo irreal e visionario, con equilibristas, animais bicéfalos e homes con cabezas de animais, símbolos dalgún vicio ou paixón. Tamén aparecen círculos que aluden a rodas da fortuna, dianas, ou discos astrais. É un mundo embruxado, observado polos profundos ollos do autor que se esconde trala cortina que enmarca ós personaxes principais. O lirismo das rosas, ó bordo do escenario, e o músico colocado sobre o peito do curioso, son imaxes poéticas desencadeadas pola fantasía dun surrealismo meditado e intrincado nos seus significados que o artista dá por sobreentendidos, con antecedentes en El Bosco, Joan Ponç, ou Max Ernst.
Bibliografía
obra reproducida no catálogo da exposición da Casa da Parra na pax.37
Exposiciones
"Manuel Ayaso" Casa da Parra, abril-maio 1997, Santiago de Compostela.