Comentarios
Todo é alusivo e ilusorio. O espacio propón múltiples distancias: desde as figuras cortadas polo bordo do papel ata a que ocupa o centro e ás que, de reducido tamaño, pululan ó redor, cunha complexa fisonomía e estraño significado, aludindo a magos, mandaríns e xerarquías eclesiásticas, cunha simboloxía coñecida, rosarios, candeas acesas e nenos que acaban de nacer. Todo se realiza nun plano vertical coma nunha páxina miniada, de forma lenta e minuciosa con compracencia miniaturística, utilizando punta de prata e recortes de papel cunha especial concepción estética do cadro.
Bibliografía
Obra reproducida no catálogo da exposición da Casa da Parra.pax.39
Exposiciones
"Manuel Ayaso" Casa da Parra, abril-maio 1997, Santiago de Compostela.