Comentarios
Sitúanos o artista no umbral dun universo plástico diferente, cunha composición ordenada e rigorosa na que non falta o compoñente poético. Créase na superficie plana do cadro unha ambigüidade espacial provocada pola superposición de distintas formas. As formas xeométricas brancas, superpostas sobre unha masa raiada e un espacio escuro, inconmensurable, crean un efecto ilusorio de entidade flotante. Neste xogo da percepción atopamos preocupacións semellantes ás que tiña Ben Nicholson, unidas á influencia das novas tecnoloxías, con respecto cara á autonomía do cadro. É esta unha obra de delicada elaboración na que se combina unha xeometría esencial coa visión dun mundo misterioso que ten algo de místico.
Bibliografía
-Catálogo da IV Bienal de Lalín, Xunta de Galicia, Concello de Lalín 1999 reproducido na p. 53.
Exposiciones
“IV Bienal de Lalín” “Pintor Laxeiro” Museo Municipal “Ramón María Aller Ulloa” 1999.