Comentarios
A referencia da obra é unha mesa con elementos propios dun bodegón, debuxados con formas simples e esquemáticas, de gran sensibilidade. A súa iconografía son froitas, pescados e vasillas. Prima no pintor unha intención puramente plástica. As tonalidades de ocres e grises ó lado de brancos, marróns e negros destacan cun efecto case uniforme que lle dá un acento íntimo e intemporal ó cadro. A semellanza con Castillo canto á relación das formas e o espacio do seu contorno é evidente nesta obra de Boente.
Exposiciones
"Boente, obra recente" Xunta de Galicia, 1996.