Comentarios
Panorámica de El Cairo cun fragmento da gran mesquita en primeiro termo.
Reproduce unha vista da cidade, baixo a impresión de algo que ve por primeira vez envolto nun halo irreal e poético. Jano conxuga as formas xeométricas dos edificios cunha refinada gama cromática de grises e ocres, dunha materia moi elaborada, con veladuras e arrastrados de suave esvaramento. Escolle unha luz crepuscular que lle proporciona valores máis matizados e fixando con claridade o que lle interesa recalcar e deixando outras zonas menos definidas. O artista realizou vistas doutras cidades como A Coruña, Madrid ou Barcelona, nas que reflicte sempre a luz e a atmosfera contaminada das grandes cidades.