Piscina B

- INV:
- 2562
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 181 x 151 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre lenzo
Comentarios
Carlos Alcolea amosou, dende os inicios dos anos setenta, un desexo de voltar á figuración na pintura convertendo o tema da auga como referente e obsesión da súa obra, explicado en ideas coma a auga nos mira, é o medio da pintura.
O líquido elemento e as piscinas están presentes na súa poética, nas súas obras e escritos -Aprender a nadar de 1980- como unha iconografía constante que o levou incluso a rodar un video sobre piscinas. Nelas, é evidente a dependencia de David Hockney, da súa serie Piscinas de Beverly Hills, e a influencia da pintura Pop, patente na ironía coa que retrata as figuras, os bañistas, reais ou de ficción. Obxecto do seu interese serán tamén os artistas, os personaxes imaxinarios, borrachos, a raíña de Inglaterra...diversos seres que poboan un universo persoal cheo de simbolismos ocultos que, sen embargo, cobran sentido nunha proposta complexa e irónica con múltiples referencias ó mundo da cultura, da arte, da poesía, da literatura...
No ano 1970 pinta a súa primeira obra cunha piscina. Dous anos máis tarde continúa cos mesmos intereses nesta composición, onde retrata a unha muller no momento de saír da auga.
A tea foi amosada por primeira vez na Galería Daniel de Madrid. O catálogo presentaba un texto sobre piscinas e un collage realizado a partir dunha fotografía de Greta Garbo saíndo da auga. Na mostra expoñíase tamén Woman in Pool, unha obra de 1971 na que se retrataba á actriz sueca nunha piscina. As similitudes de Piscina B con esta peza parecen suxerir que Alcolea realizou unha nova versión con este mesmo tema.
O impacto da cor destaca na tea percibíndose un contraste entre fondo e figura. O fondo de cores frías e planas, dominado pola liña horizontal, contraponse coa verticalidade da figura feminina, co seu corpo mórbido e cálido. Traballada a partir de pinceladas soltas, dota de diferentes tonalidades a pel húmida, bañada e modelada pola luz, que esvara polo corpo enriquecendo as carnacións, acadando, en palabras de Juan Manuel Bonet, figuras cunha superficie permanentemente relativizada.
O rostro distorsionado, oculto baixo gafas de sol, converte á protagonista da obra nunha figura impersoal, anónima, inaccesible ó espectador revelándose como unha inesperada metáfora da vida da misteriosa actriz sueca.
Exposiciones
"Carlos Alcolea". Inaugurada o 14 de novembro de 1972. Galería Daniel, Madrid.
"Carlos Alcolea". 1980. MEAC, Madrid.
"Carlos Alcolea". Do 3 de febreiro ao 23 de marzo de 1998. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid.
"Carlos Alcolea". Do 8 de xuño ao 13 de xullo de 2001. Galería de arte Contemporáneo VGO, Vigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester, Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura, Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Carlos Alcolea" Fundación Caixagalicia. Ferrol. Do 23 maio ao 13 xulio 2008.
Exposición "Carlos Alcolea y la nueva figuración". Salas Fundación Cajasol. Do 15 setembro ao 10 decembro 2008.
Reproducciones
Bonet, J,M,; "Carlos Alcolea. Derrape controlado". La Calle, Madrid, 1980, páx. 48.
"Las piscinas de Alcolea" en Apuntes de la Sierra, El Escorial, agosto, 1994, páx. 11.
"Carlos Alcolea". Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 1998, páx. 83, páx. 212.