ALLEMANDE

- INV:
- 2572
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 200 x 200 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre lenzo
Comentarios
Dende os anos oitenta, a obra de Broto sofre unha grande evolución camiñando, sen abandona-la abstracción, cara a unha obra de lectura máis complexa.
A súa pintura é un mundo que se desfai, que se derrete ante a mirada. As cores flúen na superficie describindo formas vagas, unha estraña paisaxe que parece perde-la súa intensidade, que se desdebuxa e distorsiona gañando con esto en movemento e profundidade.
A imaxe organicista conduce ó eu interior do artista e revela a influencia da mística e do ascetismo aínda que non rexeita a cor, seleccionada para provoca-lo contraste visual. O vermello e o verde penetrante xeran unha gran violencia cromática, reforzando a imaxe poética, de factura perfecta e acabada.
Para Valeriano Bozal “Broto está empeñado en crear imaxes que non poidan ser traducidas a palabras”, unha observación que se confirma coa contemplación desta natureza etérea e vaga, de difícil descrición, que só pode ser percibida dende a intuición.
Exposiciones
"Broto.Reproducciones
"Broto.