Sufrido
- INV:
- 2573
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 70 x 50 x 0
- Técnica:
- Óleo e verniz sobre cartón adherido a táboa
Comentarios
A antropoloxía é o tema desta obra de Lamazares que se converte nun documento sobre o sentido da vida e da morte.A obra, realizada con materiais pobres, humildes, imponse pola sobriedade da cor, que impacta tanto coma a imaxe do cadaleito de cartón sobre o que se esgaza unha cruz. A madeira serve de base ó cartón, ondulante e vibrante, que se pon ó servicio do autor, que o manipula, o altera con vernices, feríndoo para extraer signos e símbolos, contrastes cromáticos e lumínicos que xeran unha enorme tensión.
O sentimento relixioso do autor, interesado polos ritos, polo nacemento e pola morte, está presente na obra. O negro, a cor do loito asociado tradicionalmente co óbito, símbolo da dor e do sufrimento admite, sen embargo, nesta proposta un novo significado, xustificado na orixe rural do autor, nos seus vínculos coa Galicia campesiña, onde a morte, como sinala Ignacio Castro, adquire un sentido "más ben vitalizante, envolta por unha liturxia de traballos que rescatan esa negrura para a vida común".