• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sello 23

ANTÓN LAMAZARES

Sello 23
INV:
2677
Año de creación:
1987
Dimensiones:
130 x 176 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre cartón-madeira

Comentarios

A humildade do material e o concepto de azar son ingredientes esenciais na obra deste artista que bebe da súa infancia, da súa alma de campo e da forza que habita no seu interior.

A serie Sellos, de 1987, é unha mostra da importancia do elemento místico e relixioso na súa poética cunhas claves que van máis aló do material e pictórico. As súas creacións son cousas feitas en madeira, sobre estructuras de portas que serven como soporte, con cartóns, con vernices, con cravos, que conteñen un profundo valor semántico. A porta, como sinala David Barro, facilita o paso, pero tamén o pecha, "porta como casa, como mundo, como patria, metáforas ambiguas que recordan a Marcel Duchamp, que albergan a curiosidade".

O sobre, dun vermello intenso e apaixonado, emociona polo brillo do verniz que funciona como elemento cromático, como mecanismo de atención visual alterado pola presencia do selo. A estampiña, que flota sobre o espacio compositivo modificando a temperatura da cor, turbando a superficie lisa e radiante, describe no seu centro un signo de grande potencia, unha forma nuclear, amarela, que recorda a unha semente disposta para xerminar, desvelando o misterio da carta e anunciando o segredo da vida.

Este universo de cartón, onde motivo e baleiro son principios complementarios, facedores dunha mesma realidade transcendida, fíxase á ancoraxe de madeira mediante fortes cravos que outorgan á proposta unha entidade física e real, profundamente sólida a pesar do etéreo do contido, da fraxilidade da mensaxe.

Exposiciones

"Antón Lamazares". Abril-maio de 1988. Galería Miguel Marcos, Madrid.

Reproducciones

"Antón Lamazares". Galería Miguel Marcos. Z. 1988, núm. X, s.p.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78