ARQUITECTUACIÓN Nº 3 (PUERTO DE TLÖN)

- INV:
- 2689
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 78 x 91 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre tea de algodón e prancha metálica
Comentarios
A materia na obra de Orza perde a súa función orixinal, transfórmase, adquirindo novos valores e significados. As táboas, a corda, as teas, a grampas, rexeitan o seu carácter feble, efémero, para erixirse en enxeñería, en tremoia simuladora dun espazo construído, un porto aberto ó infinito poboado polos listonciños verticais de piñeiro que aluden á presenza de mastros, de veleiros atracados no peirao.A luz preside a composición, eríxese en tema principal, unha luz de estío, dunha brancura recorrente, preludio dunhas vacacións nas que a non cor e a madeira se alían para conformar un todo semántico. A profundidade queda esbozada mediante os trazos desordenados que describen ondas suxerintes dunha atmosfera sufocante ou dunhas olas envolventes.
As referencias a Millares o Tàpies resultan ineludibles na proposta, pero nela habita a capacidade de evocar unha paisaxe mantendo un pulso co sentido, de remitir a ese mar salgado, a ese verán inesquecible que habita na memoria.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.