ARQUITECTUACIÓN Nº 6 (VENTANA)

- INV:
- 2690
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 75 x 64 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre tea de algodón e prancha metálica
Comentarios
A elección entre unha fiestra aberta ou unha pechada, a representación dunha ou doutra imaxe cambia radicalmente o sentido da proposta.O van establece a presenza dun espazo de tránsito, de comunicación, invita a penetrar na obra, presenta unha ruptura de límites habitual na pintura clásica, un xogo entre a realidade e a ficción.
A ventá pechada maniféstase coma un límite, unha posibilidades aínda por explorar á que Orza se apunta. Constrúe a fiestra, non a representa, mediante elementos encontrados case ó azar, táboas que se articulan para simula-lo esqueleto das ventás de madeira que se amosan envellecidas, que suxiren a desidia, instalada na pintura descascada e no branco gastado polo tempo.
Os cristais substitúense por teas de algodón impedindo o traspaso da visión, eliminando todo albisco de curiosidade. O abandono faise palpable a través das manchas que, en forma de pintura branca, verde, gris ou amarela, caen libremente en chorros, en xestos desordenados e inconscientes que acentúan, aínda máis, a impresión de trapo, de traste, de cadro que se converte finalmente en fiestra grazas á mirada intelixente do espectador.