PRANTA DAS CRUCES

- INV:
- 2691
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 130 x 122 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre madeira
Comentarios
Sobre unha base de madeira, unha árbore estende os seus cinco brazos espidos rematados en cruces. A imaxe resulta arrepiante e inquietante, chea de significados que remiten directamente á herdanza relixiosa pero tamén á cultural e antropolóxica.A árbore descarnada nace das táboas de piñeiro nas que sobreviven as referencias da súa primitiva orixe natural ó tempo que manteñen signos da función á que foron destinadas. Conservan pegadas do seu uso como caixas, ¾grampas, puntas, cravos¾ que introducen unha nota de agresividade, elementos humanos que se fusionan co vexetal engadíndolle novos valores.
A superficie da obra non é lisa, manchada por gromos de serraduras, corda, restos de area, terra, goza da posibilidade de alterar e modifica-los efectos do verniz empregado como elemento cromático.
A árbore-man que estende as súas pólas rematadas en cinco cruces suxire a idea da totalidade, de enerxía irradiante e forza protectora. O número cinco simboliza o equilibrio e a cruz, cruce da vertical coa horizontal, representa a orde, ó centro do mundo e á orixe da existencia aludindo á súa vinculación coa árbore da vida.