• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

KORO (DE INVIERNO)

PABLO ORZA

KORO (DE INVIERNO)
INV:
2692
Año de creación:
1997
Dimensiones:
111 x 193 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

A concepción horizontal da peza predispón o espectador a gozar da panorámica dunha paisaxe que se revela coma un xeroglífico, coma un interrogante complexo e enigmático formulado a través dunhas formas non convencionais e dunha selección cromática limitada ó branco e ó negro.

A superficie baleira e desolada cobra sentido grazas ás imaxes automáticas, ós borranchos, ás manchas que transforman o limpo escenario invernal nunha parede mal encalada. A presenza de Cy Twombly intúese baixo a liberdade do xesto, da grafía revolta que altera a monotonía do fondo permitindo que os trazos enmarañados de carbonciño percorran diagonalmente a superficie, animándoa, transformándoa nunha partitura chea de ritmos.

Como nun coro, cunhas voces que se expanden formando ondas sonoras, as espirais vibran, tradúcense en sino convulso que, en palabras de Diego Santomé:

“nace do impulso canalla, nun mundo físico como materia prima, proceso que verte un marco ambiental”

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78