COMPOSICIÓN IX

- INV:
- 2693
- Año de creación:
- 1993
- Dimensiones:
- 105 x 75 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel. Colaxe
Comentarios
O papel recortado e empregado individualmente carece de sentido, de valor, só cando se ensambla adquire a súa verdadeira esencia, convértese nunha colaxe nacida da unión de diversos fragmentos.A natureza parece formar parte desta obra de suave cromatismo, de tons tostados, ocres, brancos, que remiten a unha estética mineral describindo vetas e pegadas dunha superficie pétrea, marmórea. Fronte ó aspecto nobre do papel, a súa concepción vexetal, case ecolóxica, o empalmado da composición realízase dun xeito basto, mediante tiriñas de algodón de diferente anchura cortadas en función do tamaño desexado. O resultado final é dun equilibrio sorprendente, o resultado dun arriscado malabarismo entre a meditación e o azar.
Reproducciones
Pablo Orza. Xunta de Galicia, Coruña, 1999, páx. 49.