Comentarios
Perspectiva lateral dunha praia, con barcas varadas sobre a area e casas; á dereita o mar, que continúa polo fondo pechándose a composición coa montaña e unha estreita faixa de ceo. Sobre a estructura do debuxo firme, actúan manchóns de vivas cores, vermello, verde e azul, que, sen interferi-lo representado, producen un ritmo que supera o efecto das formas.