Comentarios
A badía de Baiona, coa praia en primeiro termo, o embarcadoiro deportivo á dereita e as estribacións das montañas da Broba, ó fondo. A composición apóiase nun debuxo firme e realista, sen embargo, o primeiro que percibe a mirada, ó contempla-la paisaxe, é a cor. A transparencia e a sombra, gradual e profunda da auga, produce unha impresión de frescura na composición. Pincelada fluída, con azuis e verdes que xogan co vermello, ocre e amarelo.