SIN TÍTULO

- INV:
- 3438
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 81 x 100 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
O autor presenta un mundo persoal, construído dende a alma e a memoria que combina a liberdade coa orde, a espontaneidade coa xeometría.Concibida como unha proposta aberta, o azul intenso eríxese en narrador principal, en guía da emoción e da comunicación, que necesita de soporte, de ancoraxe ao marco branco que o circunda mediante pequenos cadrados vermellos que, como grandes cintas, o agarran para evitar a súa caída.
Igual ca un universo infinito, a cor invita á viaxe, a penetrar nas súas entrañas para descubrir o seu frío interior, só alterado pola representación gráfica, rabuñada, do número catro, o símbolo da totalidade.
A tea, entendida coma un campo de acción, non ofrece unha textura plana. A materia encárgase de suxerir as formas, de xerar e provocar cambios de luz na superficie alterada, sometida a brochadas e empastes, a rugosidades meditadas que lle outorgan sentido á mensaxe poética.