JARRO Y PAÑUELO
- INV:
- 3480
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 20 x 22 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel
Comentarios
O traballo realizado con sobriedade e elegancia é o método para extraer esencias e significados agachados.O xerro e o pano preséntanse coma motivos casuais e cotiáns que adquiren unha nova dimensión perdendo as súas calidades físicas, obxectuais, para adquirir un novo valor estético.
A simetría e o equilibrio impóñense nunha composición na que o oinochoe é o gran protagonista ocupando o espazo central, flanqueado polo delicado tecido e a pequena esfera. A harmonía cromática somerxe o espectador nunha atmosfera de calidez e decorativismo provocado polo rigor do debuxo, que altera a realidade táctil e utilitaria dos utensilios, para conferirlles unha presenza marmórea, pétrea, que remite a composicións parietais cheas de historia, evoca os bodegóns que festexaban a vida e animaban a fantasiosa arquitectura mural das vilas pompeianas.