PESCADORES

- INV:
- 3551
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 72 x 92 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
As ensinanzas da Vangarda histórica influirán na sensibilidade do autor que orientará o seu interese cara ó seu contorno cotián, a súa realidade máis próxima para plasmala dende a súa particular visión, dende a súa atalaia de debuxante exquisito.O traballo e as xentes do mar adquiren unha dimensión simbólica. A envarada actitude dos mariñeiros sobre a embarcación, a súa rixidez artificial, contribúe a crear a sensación de representación teatral, de pose fotográfica, nunha escenografía coidadosamente pensada onde cada protagonista ocupa o seu espazo. Non hai lugar para as individualidades, só importa a nobreza da pesca, da tarefa diaria, entendida coma un ritual, de lanzar as redes.
O cromatismo sucio, de tonalidades pardas, ocres, marróns, adquire matices dourados grazas á persistente luz do ocaso, que ilumina a escena dende o fondo recortando as figuras e outorgándolles un aura case relixiosa.