Comentarios
No primeiro termo pastan vacas e mais ovellas, iluminadas cunha luz frontal que proxecta a sombra da árbore sobre o camiño. A pastora, sentada na herba, introduce unha nota bucólica na composición. O carballo cuberto de liques e as medas e cepas do fondo son elementos entrañablemente ligados á estética da paisaxe galega. O debuxo é preciso e minucioso nos detalles. A técnica ben empastada combina ocres, azuis e verdes con brancos e toques lilas.