Comentarios
O xogo de luces e sombras que delimitan as distintas zonas da paisaxe crea un efecto espacial e de perspectiva que se acentúa co colorido do primeiro termo e os grosos empastes que lles dan relevo ás pedras, e volume ós animais. A nena vixiando a vaca que pace baixo o gran carballo, o labrador manexando o arado, do que tira unha parella de bois, son elementos que lle dan á composición un valor etnográfico. Dominan os verdes, ocres, azuis e brancos con toques encarnados.
Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX." do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
Reproducciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX", Catálogo da Exposición.