BORRACHO

- INV:
- 3749
- Dimensiones:
- 99 x 69 x 0
- Técnica:
- Óleo, acrílico e ceras de cores sobre papel
Comentarios
Integrante dunha xeración de artistas encabezada por Luis Gordillo, Alcolea é un dos grandes nomes da volta á figuración. Nos seus temas interésase polo mundo bohemio, os artistas, os personaxes imaxinarios, os borrachos... É así precisamente como se denomina esta composición, Borracho. Nela recóllese un primeiro plano dun personaxe cuxo rostro ocupa practicamente todo o lenzo. A expresión deste personaxe é cansa, triste, ten as cellas e os ollos caídos, como de resignación, ante unha intensa dor moral ou psíquica.Os trazos da pintura son anchos e augados e traballa a partir de pinceladas soltas, onde as liñas son caprichosas e sinuosas, co que se reflicte o atordamento e a inestabilidade do borracho.
Utiliza cores moi vivas e intensas, entre as que destacan o amarelo e o vermello, que contribúen a resaltar o dramatismo da obra.