• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

COMPOSICIÓN CON FOLLAS DE GINGKO

XAQUÍN CHAVES

COMPOSICIÓN CON FOLLAS DE GINGKO
INV:
3791
Año de creación:
2004
Dimensiones:
190 x 300 x 0
Técnica:
Pigmentos, acrílico e grafito s/lenzo

Comentarios

Xaquín Chaves presenta nesta obra unha paisaxe íntima, xeométrica e abstracta onde o protagonismo da cor aparece baixo o dominio de pigmentos, acrílicos e grafitos con diferentes toques de luz que fan referencia a unha pintura vital, colorista e poética que invita á reflexión.
Harmonía de formas e cores céntranse no trazo e no ritmo dos signos. Alusións a arcos, ventás, grecas e raiados que toman como fonte de inspiración a natureza.
Unha paleta rica e expresiva, onde todas as gamas de cores son posibles dende os vermellos e ocres, a amarelos e brancos, con verdes e azulados que aluden á súa terra: Galicia.
Diferentes tonalidades, en ocasións densas e veladas, que conseguen a textura desexada e que fan da obra de Xaquín Chaves un universo persoal cheo de paixón e de emoción.

Exposiciones

Exposición "Intersticios. Xaquín Chaves", Sala I do Centro Social Caixanova-Vigo, do 14 xaneiro ao 6 febreiro de 2005.

Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.

Reproducciones

Catálogo "Intersticios. Xaquín Chaves", páxina 51.

“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78