TESTA – 8

- INV:
- 3795
- Dimensiones:
- 27 x 21 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre cartón
Comentarios
As cabezas son un símbolo moi frecuente nas obras de Luis Alcántara, como en Interior con testas ou Home nun xardín e Muller nun xardín.Nesta obra, xemelga de Testa-7, tamén na Colección Caixanova, a protagonista é unha cabeza masculina, impersoal, enmarcada polo que podería suxerir unha ventá. A cabeza carece pelo e os rostros móstranse sen ollos, como se se tratase dunha máscara.
Como é característico na obra deste autor, a composición da obra está detidamente estudada, equilibrada e estruturada. A limpeza do resultado e os tons uniformes e serenos parecen evocar estéticas renacentistas.