Sin Título

- INV:
- 3827
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 82 x 65 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra de Costa Beiro sorprende polo seu debuxo máxico e paleta evanescente, onde unha figura invade o espazo cun prodixioso ritmo.Entre a realidade e a fantasía, emerxe un home deformado con membros que se esgazan e descompoñen, dando paso a un universo particular. Formas musculosas e ben proporcionadas na parte inferior contrapóñense a un estudo máis xeométrico, que se volatiliza, na parte superior, todo baixo unha gran carga de misterio resaltada pola ausencia do rostro.
Un home, que recorda o Pensador de Auguste Rodin, estremécese fronte ao mundo no cal lle toca vivir. Na obra de Costa Beiro está sempre presente a preocupación polo destino que lle agarda á humanidade.
Harmonía de cores nunha paleta sobria de ocres, avermellados marróns, etc., onde a materia se dilúe en ricas texturas e contrastes.
Unha imaxe inquietante, cunha importante carga conceptual baseada na creación de mundos sorprendentes.