• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Arcela Codia, 1986-1994

ANTÓN LAMAZARES

Arcela Codia, 1986-1994
INV:
3828
Año de creación:
1992
Dimensiones:
224 x 224 x 0
Técnica:
Mixta sobre cartón e madeira

Comentarios

Esta espectacular obra de Lamazares reflicte todas as constantes na coherente traxectoria do seu autor. Un soporte de materiais pobres, neste caso cartón e madeira, que aparecen refinados a través do exquisito tratamento de vernices. Unha gran forza expresiva, en perfecto equilibrio co sentido poético da obra e un cromatismo intenso e irreal.

A obra Arcela Codia é unha grande explosión de cor, de manchas que o inundan todo, e que ocultan en segundo plano unha silueta humana apenas esbozada, pero de gran contido expresivo. Neste sentido, chama a atención a gran silueta de corazón que se atopa sobre o peito do home.

O universo persoal de Lamazares ofrécenos nesta ocasión unha obra intensa e sutil, traballada a través da forza das texturas, da cor e da imaxe evocada.

Exposiciones

Alma en luns. Xuño 2002 - Museo Municipal de Ourense.

Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.

Reproducciones

Catálogo da exposición Alma en luns (xuño 2002). Museo Municipal de Ourense. Edita Concello de Ourense.

“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78