MESA ESQUECIDA

- INV:
- 3917
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 119 x 200 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
O horror vacui é un elemento practicamente inseparable na obra deste artista, máis presente a medida que vai madurando como pintor e que deriva cara a unha pintura expansiva.
Esta composición representa un bodegón. As cores son escuras con algunha lapa de cor, sobre todo no medio do cadro, onde a luz incide a través de cores máis vivas e luminosas. Os vermellos, amarelos e laranxas son habituais nas súas obras, que contrastan co negro, co que baña certas figuras e fondos.
Pódese observar tamén como nesta obra delimita o espazo e xera a sensación de perspectiva dun xeito moi efectivo. Na parte superior da obra, os trazos son máis inestables e forman figuras borrosas e focos de luz. Na parte inferior do lenzo, atopamos liñas perfectamente delimitadas que forman unha figura definida; é a parte máis próxima ao espectador.
O resultado é unha obra potente, equilibrada e inquietante.
Exposiciones
"José Luis de Dios. Grandes Artistas Galegos". Centro Cultural Caixanova. Vigo. do 18 de xaneiro ao 24 de ferbreiro de 2008.- Centro Social Caixanova. Ourense. do 3 de abril ao 4 de maio 2008.