DUETTO CON CAMILO EN SANTA MARIÑA

- INV:
- 3919
- Dimensiones:
- 130 x 91 x 11
- Técnica:
- Ensamblaxe. Técnica mixta e cola de C
Comentarios
A obra deste autor, Miguel Mosquera, ourensán de nacemento, evoluciona dun xeito incrible co transcurso dos anos, dende un expresionismo informalista, ata o que hoxe podemos observar nesta obra titulada Duetto de Camilo en Santa Mariña. Nela os protagonistas son os novos materiais de traballo. Esquece a pintura, a acuarela, o óleo... e recolle materiais de escoura, madeiras, teas, plástico, cos que lle dá forma a unha pequena composición/instalación. Como un anaco de cadeira pregable que sitúa na parte superior da obra, xunto con outras madeiras. E, debaixo, unha frase a xeito de lenda que sentencia, acompañada dunha antiquísima foto amarelenta. A frase di: "Unha época na que todas as cousas debían quedar gravadas no corazón ".A suma da composición, os materiais e a frase elixida conseguen crear unha obra cargada de lirismo e sentido poético, un resultado que, malia o rotundo da composición e á forza dos materiais, é delicado e de enorme sensibilidade.