CONFUSIÓN IV

- INV:
- 4197
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 100 x 100 x 0
- Técnica:
- mixta sobre lenzo
Comentarios
Roberto González Fernández (RGF) mostra unha obra hiperrealista cunha técnica perfecta que nos somerxe nun clima inquietante, misterioso e intemporal.Cada unha das obras de RGF forma parte dun proxecto máis amplo, dunha idea coa que traballa durante un tempo. Esta obra pertence á serie "Confusión" que se relaciona coa ameaza do terrorismo internacional contra os piares da civilización occidental, representada neste caso por edificios emblemáticos. Unha obra que reflicte a preocupación do artista pola situación de vulnerabilidade na que se atopa dende hai un tempo a liberdade de expresión, simbolizada por museos, centros de arte contemporánea, bibliotecas e institucións que conteñen, gardan ou presentan libres actos de creación. En contraposición, a ameazante masa de lume que rodea unha impoñente Torre de Babel avanza inexorable con todas as súas connotacións de intolerancia e confusión. A diferenza da serie "Babel-lume", na que aparece unha figura illada que espera o desastre, na serie "Confusión" non aparece ningunha figura, todos fuxiron.
Composición precisa, articulada en cores de gama quente que sobresaen por enriba dos de gama fría, nunha obra claramente reflexionada.