Recuerdos de mi ciudad

- INV:
- 4299
- Año de creación:
- 2006
- Dimensiones:
- 195 x 195 x 0
- Técnica:
- Lapis acuarelable
Comentarios
Obra que forma parte dunha serie de imaxes de vistas urbanas, monócromas, reproducindo escenas cotiás da vida na gran cidade, captadas con gran precisión fotográfica, neste caso edificios en obras, noutras ocasións aparcadoiros, supermercados, paneis publicitarios... Reflicte fragmentos dun mundo urbano deshabitado, que simboliza a tiranía do home sobre o ámbito artificial e degradado que creou, pero sen intención de denuncia, senón de cuestionamento da nosa propia condición urbana dende a mirada universal do artista.O artista parte do local e específico, para convertelo en global e metafórico. O escenario representado é próximo, recoñecible, pertencente a calquera cidade, cunha clara referencia á construción masiva produto da especulación urbanística, onde o artista expresa a súa reflexión sobre unha sociedade alienada e carente de sensibilidade e ideoloxía. A cidade como espazo físico e social.
Sinxela forza compositiva con formas organizadas en secuencias verticais ou estruturas ortogonais con evidente asociación arquitectónica. Factura precisa, realista. Un cadro de aparencia fráxil onde se fai evidente a insistencia na escenografía urbana, no seu tránsito, no seu pulso dinámico, vivido. Fálase do artista como "pintor de cidades dentro dun realismo discreto".