SIN TÍTULO (SERIE: GRETA GARBO. DESNUDO EN LA PISCINA

- INV:
- 4372
- Año de creación:
- 1973
- Dimensiones:
- 161 x 115 x 0
- Técnica:
- óleo sobre lenzo
Comentarios
Pintor destacado na chamada Nova Figuración Madrileña, presenta unha obra desta época onde retrata unha muller saíndo da auga dunha piscina, unha peza que podemos encadrar dentro da serie “Greta Garbo. Nu na piscina”. Durante eses anos, a auga será un referente e unha obsesión na súa obra.Así, a dama da pintura parece ser orixinalmente Greta Garbo, captada a través dunha famosa fotografía que Alcolea deforma e carga de ironía. A figura de rostro irrecoñecible convértese en anónima fronte ao observador.
Unha obra de gran formato que nace da reflexión e o coñecemento e destreza no uso da cor, onde a elocuencia queda patente ao contrapoñer a figura de tons cálidos e mórbidos, aos tons fríos e xeométricos da piscina e o fondo. Así, cores como o verde, o azul, o vermello, a rosa, etc. utilízanse de xeito vivo e intenso, o que contribúe a resaltar a obra.
Utiliza unha pincelada de trazos soltos, anchos e diluídos en toda a composición, aínda que se recrea en certas zonas do corpo con toques máis finos e delicados.