Comentarios
Cunha soa tinta deseña unha figura corpulenta, sentada, cuberta con sombreiro, ladeada á dereita, cunha póla nunha man, mentres ergue a outra cun xesto expresivo. A súa cabeza destaca sobre unha especie de escenario de títeres por onde asoman unha serie de caras con distintas expresións. Combina a liña refinada do debuxo coa textura espesa que escurece o fondo da parte inferior do papel.